ConcellosO BarcoÚltima hora

A exposición pública o proxecto de mellora de capacidade de desaugue do Regueiro de Forcadela (O Barco)

O obxectivo é solucionar a problemática de avenidas extraordinarias e recuperar o DPH degradado. ara estas obras a CHMS estima un investimento de 233.000 euros

 

A Confederación Hidrográfica do Miño (CHMS) somete a información pública (IP) o “Proxecto de Proxecto de mellora da capacidade de desaugadoiro e recuperación do dominio público hidráulico no Regueiro de Forcadela no Barco de Valdeorras (Ourense)”.

O obxectivo é protexer a zona urbana contra as avenidas extraordinarias e recuperar a zona de Dominio Público Hidráulico, hoxe degradado e perdido baixo a praza onde se situarán as obras de protección. O período de información pública, 20 días hábiles, comprende desde o 4/06/2021 ao 1/07/2021 (ambos inclusive).

Antecedentes

O Regueiro de Forcadela cruza inferiormente a estrada N-120 xusto antes de entrar ao núcleo urbano do Barco de Valdeorras; nese paso, o arroio discorre aberto en forma de canle hormigonado e á saída cambia a sección enterrada, formando en planta un ángulo moi pechado.

“Nese brusco ángulo, onde o arroio pasa de sección aberta a pechada, o arroio desbórdase con frecuencia, chegando a auga ás edificacións lindeiras, moitas delas vivendas habitadas; ademais, o tramo aberto está sometido a unha gran presión por mor da súa natureza urbana, con muros de pedra con risco de caída no dominio público hidráulico, franxas do leito hormigonado e en xeral pedras e restos de formigón e vellas tubaxes que lle confiren un estado con certa degradación”, tal e como se informa dende a confederación.

Artigos relacionados

Back to top button