CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Verín, enclave de gaita” supera xa as 700 visitas dende a súa apertura

Abriuse ao público o pasado seis de agosto no Museo Claustro Mercedario

 

Xosé Lois Foxo durante a presentación da exposición.

 

A exposición “Verín, enclave de gaita” recibiu nos seus dez primeiros días máis de 700 visitas. Así, abriuse ao público o pasado 6 de agosto no Museo Clastro Mercedario de Verín para que os visitantes puideran descubrir exemplares de gaitas primitivas.

Dentro do programa incluíronse xa diferentes actividades, como unha visita pola exposición que foi guiada polo propio Xosé Lois foxo, director da Escola Provincial de Bandas de Gaitas; un concerto da Banda de Gaitas do Concello de Verín e unha conferencia sobre a iconografía da gaita impartida tamén por Xosé Lois Foxo.

As actividades continuarán proximamente coa presentación dun ensaio, escrito por Ruth Foxo, que recolle unha ruta polas gaitas que forman a mostra exposta no Museo Claustro Mercedario e que foi editada polo Concello de Verín.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button