En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A fábrica de Autoneum na Rúa celebra o 10º aniversario

A data celebrábase o 24 de xullo cunha xornada de portas abertas para coñecer a planta

Parece que foi onte e xa pasaron dez anos desde que a fábrica de sistemas de illamento acústico e térmico para vehículos, Autoneum (antes Rieter), botaba a andar no Polígono das Pedreiras na Rúa. E para celebrar esta importante data, o día no que a planta pechaba por vacacións, organizaban unha xornada de portas abertas á que asistiron máis de catrocentas persoas entre empregados e familiares.

O programa comezaba ás 10:30h. do venres 24 de xullo cunha visita guiada pola planta. Visita que se repetía ás 12:30h. trala presentación oficial do evento por parte do director, Javier Martinicorena. A xornada continuaba coa foto de familia diante da fachada principal da fábrica e un xantar nunha carpa instalada para a ocasión.

Os cativos puderon disfrutar asemade dunha sesión de inchables e o acto incluíu a plantación dunha oliveira por parte do xefe de mantemento, Xesús García, o primeiro traballador da fábrica. Un momento que pode verse no seguinte video.

[adv_video_player id=”2″]

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button