OurenseÚltima hora

A Facultade de Empresariais e Turismo de Ourense acolle a entrega dos Premios TFG

Baltar destaca que os traballos dos premios José Manuel Pérez Canal “reflicten o espírito emprendedor que sempre tivo o homenaxeado”

Os alumnos premiados, na Facultade de Empresariais e turismo de Ourense.

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou hoxe na entrega dos Premios TFG “José Manuel Pérez Canal” do Colexio de Economistas de Ourense-Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense, destacando que os traballos premiados “reflicten o espírito emprendedor que sempre tivo o homenaxeado”, e salientou a “imaxe de marca” da nosa provincia: talento, creatividade, enxeño e traballo, algo que debemos aproveitar, como fan os universitarios hoxe galardoados con estudos referidos a temas enerxéticos, turísticos, de emprendemento e do sector téxtil, ámbito nos que a provincia de Ourense ten grandes realidades e potencialidades”.

Con esta de 2020 van xa oito edicións nos que a Deputación de Ourense colabora na publicación dos traballos de Fin de Grao premiados. No acto, que tivo lugar na Aula Magna da FCETOU, participaron xunto a Manuel Baltar a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; a decana da Facultade de Empresariais e Turismo, Montserrat Cruz, e a decana do Colexio de Economistas, Carmen Sampayo.

 

O presidente da Deputación de Ourense na entrega dos Premios “José Manuel Pérez Canal”.

 

Os alumnos galardoados cos primeiros premios en ADE e Turismo foron, respectivamente, Brais Martínez, polo traballo titulado: “Programación Lineal Aplicada al Sector Energético Gallego” e Andrea Jácome, polo traballo: “Juego de Tronos y su influencia en el turismo”. En canto aos accésit en ADE os premiados foron: Rosa María Fernández, por: “Medidas Fiscales y Laborales para el Emprendimiento”, e Ana Suárez, por: “Análisis de las páginas webs corporativas de las empresas familiares textiles hacia la sostenibilidad”, mentres que o accésit en Turismo foi para Noelle Rodríguez, polo traballo: “Estudo das motivacións dos peregrinos do Camiño de Santiago nas últimas décadas”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close