Celebrábase no mediodía deste 31 de decembro na pista de baloncesto do Paseo do Malecón
Xogando ao baloncesto remata o ano a familia Rodríguez Ramos do Barco. Ás 12h. este 31 de decembro celebraban o seu primero Torneo de Nadal no que participaban e do que desfrutaban xogadores de todas as idades, dende os 6 ata os 53 anos.
“Altos e baixos. Todos xogaron e todos encestaron”, destacan dende a familia, que quedou encantada do resultado desta singular iniciativa. Tanto é así que xa están pensando na vindeira edición do torneo.
Fotos cedidas.