DeportesÚltima hora

A familia valdeorresa de Lucas Mondelo, animando á selección española de baloncesto feminino no partido contra Canadá

Os pais de Lucas de Mondelo, animando á selección dende as bancadas do Santiago Martín de Tenerife no partido contra Canadá./ Foto cedida por Pedro García.

 

Impresionante era o ambiente que se vivía na noite do 28 de setembro no Santiago Martín de Tenerife. A selección española absoluta de baloncesto, que dirixe o valdeorrés Lucas Mondelo, xogábase o paseo ás semifinais da Copa do Mundo. E no último cuarto dáballe un espectacular xiro ao partido, animada e arroupada polo público dende as bancadas. Nelas estaban tamén varios membros da familia barquense de Mondelo, “Os Careca”, que, dende o inicio desta competición mundial, están seguindo ao seleccionador. Entre eles están os seus pais, Charo e Lucas, así como o seu tío Pedro, e Blanca.

 

Pedro e Blanca, mentres a selección celebraba o seu triunfo./ Foto cedida por Pedro García.

 

As xogadoras da selección española, que dirixe Lucas Mondelo, de festa na pista tras ganarlle a Canadá./ Foto cedida por Pedro García.

 

Máis información:
https://osil.info/mondelo-leva-a-seleccion-espanola-as-semifinais-da-copa-do-mundo-de-basket-feminino/

Artigos relacionados

Back to top button