OurenseÚltima hora

A fase provincial do torneo “Debate Económico en Bacharelato” 2019 celebrarase na Deputación de Ourense

En Ourense, a proba que ten fase provincial e nacional, está coordinada polo Colexio de Economistas

Reunión de Manuel Baltar cos novos membros da directiva do Colexio de Economistas de Ourense, a presidenta Carmen Sampayo e o vicepresidente Julio Vila.

 

A Deputación de Ourense cederá o salón de plenos para a celebración, o vindeiro 26 de outubro, da final provincial do “Debate Económico en Bacharelato” 2019. Así o adiantaba o presidente da entidade provincial Manuel Baltar trala reunión coa presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, Carmen Sampayo, e o vicepresidente desta entidade, Julio Vilaun.

Trátase dun torneo para alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, primeiro destas características, que consta de fase provincial e nacional, e no que os estudantes deberán debater entorno da pregunta: “É a dixitalización clave para o crecemento económico e o emprego de futuras xeracións?”. O debate en Ourense celebrarase na Deputación, previo á final nacional en Madrid, no Banco de España, e será retransmitido en streaming.

O torneo enmárcase no Plan de Educación Financeira 2018-2021 –ao que está adscrito o Consello Xeral de Economistas– e pretende favorecer o desenvolvemento de habilidades que axuden aos alumnos na súa vida formativa, laboral e social, afondando nunha maior capacitación para examinar criticamente temas relacionados coa realidade económico-empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button