OurenseÚltima hora

A Federación de Comercio de Ourense pide apoios á Deputación

A súa presidenta, Beatriz Gómez, vén de emitir un comunicado no que solicita medidas concretas para respaldar ao sector

 

“O comercio enfróntase a un dos seus momentos máis complicados. O mercado dá por feito que o impacto económico que provocará a expansión do coronavirus e as drásticas medidas que tivo que tomar o Goberno para frear os contaxios van a pasar factura á actividade, o emprego, a débeda e o déficit”, asegura a presidenta da Federación do Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, nun comunicado no que esta entidade empresarial solicita o apoio das administracións e, máis en concreto, da Deputación de Ourense.

“Como máximos representantes do comercio da provincia, entendemos que é momento de ser responsables, pero tamén é momento das responsabilidades das administracións, de pedir colaboracións, de traballo continuo, de plasmar as ideas e solucións que poidamos aportar entre todos, pedimos medidas de calado e que poidan chegar aos petos dos comerciantes o antes posible, posto que recibos e impostos xa se están recibindo, pero non así as axudas, dito isto”, prosegue a presidenta da Federación de Comercio, “apelamos á Deputación de Ourense cunha serie de medidas”, relativas ao recibo autónomo e a ao financiamento sen intereses.

O comunicado íntegro pode lerse aquí:
Federación de Comercio de Ourense

Artigos relacionados

Back to top button