EconomíaEconomíaÚltima hora

A Federación de Comercio de Ourense presentará no Barco a súa plataforma de venda online

O acto terá lugar o martes 11 de agosto ás 20:30h. no salón multiusos da vila

 

Co fin de dinamizar o comercio da provincia a Federación de Comercio de Ourense, que preside Beatriz Gómez, leva meses traballando, en colaboración coa empresa ourensá Eprox, nunha plataforma de venda online, que prevé poñerse en marcha a partir de setembro.

Os detalles do funcionamento deste proxecto poderán coñecerse no decurso dunha presentación pública prevista para mañá martes 11 de agosto ás 20:30h. no salón de actos do edificio multiusos do Barco.

Esta plataforma pretende que o pequeno comercio ourensán teña presenza en Internet, “ofrecendo os seus produtos e servizos con condicións vantaxosas”, segundo os promotores.

Artigos relacionados

Back to top button