Na mañá deste xoves 7 de maio o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, facía entrega á Federación de Comercio de Ourense dun lote de 3.800 pantallas faciais -destinadas a todos os comercios da provincia-, donadas pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e pola Universidade de Vigo.
Esta iniciativa, na que a Diputación de Ourense colaborará no reparto, enmárcase segundo explicou Manuel Baltar, “nas medidas que leva a cabo a institución provincial na súa loita contra o Covid-19, e neste caso concreto o material vai dirixido ao sector comercial, estratéxico para a rectivación da economía na provincia”.
As pantallas protectoras foron producidas pola Plataforma Galicia-EscudoCovid19, unha iniciativa solidaria de ámbito nacional, coordinada en Galicia pola Universidade de Vigo e Asime, a través do Centro de Investigación Tecnolóxico-Industrial (CINTECX) e do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico, coa participación de máis de 20 empresas galegas.