Publicidade
DeportesÚltima hora

A Federación Galega de Atletismo pon en marcha un ciclo de charlas en liña

A primeira das charlas impartirase o venres 24 de abril ás 20.30 horas a través de facebook live da FGA e correrá cargo de Rafael Alonso Martínez, responsable dos Servizos Xurídicos desta entidade deportiva

 

Diferentes profesionais especializados/as abordarán distintos enfoques de actualidade relacionados ca crise do COVID19 nun ciclo de charlas informativas en liña que promoverá cada venres ás 20:30h. a Federación Galega de Atletismo (FGA). Terán lugar ás 20.30 horas e nelas poderanse plantexar a través da canle do chat as distintas dúbidas de cada un dos/as participantes.

“A iniciativa xurdiu como consecuencia da gran incertidume existente en moitos aspectos que afectan de maneira moi especial e directa ao noso deporte. Para elo, abordaranse distintas charlas a través das cales se pretende arroxar algo de luz e asesoramento sobre catro grandes bloques que serán basicamente os que afecten: a economía, a saúde, a xestión e a planificación”, tal e como explican dende esta entidade deportiva.

A primeira das charlas impartirase este mesmo venres 24 de abril ás 20.30 horas a través de facebook live da Federación Galega de Atletismo e correrá cargo de Rafael Alonso Martínez, responsable dos Servizos Xurídicos da FGA.

Na súa intervención analizará aspectos relacionados coas consecuencias económicas que esta crise está a causar “aos nosos clubs, adestradores e demais persoal con algún tipo de prestación laboral e de como as distintas medidas excepcionais aprobadas recentemente polo goberno, afectarán aos procedementos administrativos dos mesmos”, avanza a FGA.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close