Publicidade
DeportesÚltima hora

A Federación Galega de Atletismo pulsa a situación dos seus clubs

A través dunha enquisa pretende coñecer os efectos da crise do coronavirus na estrutura organizativa, funcionamento e viabilidade das entidades que ten censadas

 

De que maneira lle está afectando o COVID-19 á organización e funcionamento do clubs de atletismo galegos e como pode condicionar o seu futuro? É a pregunta á que pretende dar resposta a Federación Galega de Atletismo (FGA) a través dunha enquisa que vén de remitir e poñer a disposición das máis de cen entidades deportivas que ten censadas.

Nesta iniciativa, a modo de cuestionario, “inténtase saber a efectos estatísticos, que tipo de incidencia está a causar o COVID-19 na estructura organizativa e funcional dos distintos clubs e como esta pandemia pode condicionar a viabilidade de proxectos tanto deportivos como estructurais deste importante estamento do tecido atlético galego”, segundo matiza a FGA.

Os datos obtidos, “que en ningún caso son vinculantes e si informativos, servirán para facer una importante radiografía de cal é o panorama actual e de futuro que se perfila para os máis de cen clubs censados na actualidade”, indica esta entidade federativa.

Así, todos aqueles clubs censados, recibirán un enlace no seu correo electrónico que lles permitirá tomar parte nesta enquisa previa identificación, ou ben poderán acceder a ela través dun enlace colgado na páxina web: http://atletismo.gal.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close