EconomíaEconomíaÚltima hora

A Federación Galega de Comercio analiza coa Consellería de Economía as medidas de prevención fronte ao coronavirus

O conselleiro de Economía e a directora xeral de Comercio, durante a videoconferencia co presidente da Federación Galega de Comercio.

 

As medidas de prevención fronte ao coronavirus adoptadas polo sector do comercio eran analizadas a través de videoconferencia polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas. Tamén analizaban as solicitudes trasladadas ao Goberno central e que a Xunta “estuda complementar con apoios no eido laboral e económico”, segundo a consellería.

Entre as principais medidas trasladadas ao Goberno figuran “o aprazamento de impostos e taxas ao sector; apoios para dotar de liquidez ao tecido produtivo e a bonificación do 100 por cento da cota de autónomos. Neste sentido, o conselleiro destacou que, tendo en conta que a prioridade é o ámbito sanitario, o obxectivo é promover iniciativas que permitan manter o emprego e atenuar o impacto económico no sector”, segundo adianta Economía.

Xunto con isto, na xuntanza avaliáronse, ademais, as medidas de prevención fronte ao coronavirus, recollidas no Diario Oficial de Galicia, que foron aprobadas polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) da Xunta de Galicia e entraron en vigor o pasado luns 16 de marzo.

A Federación Galega de Comercio é unha das entidades coas que se reuniu onte o conselleiro para poñer á súa disposición a guía elaborada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), onde se recollen as medidas de prevención fronte ao coronavirus que se deben adoptar en todos os centros de traballo.

 

Persoas gardando cola e respectando a distancia de seguridade nun comercio de alimentación.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button