OurenseÚltima hora

A Fegamp alerta de posibles desprazamentos de cidadáns nos días da Semana Santa

Esta entidade recibiu avisos dalgúns municipios que estaban detectando preparativos en segundas residencias e transmitiu estas informacións a Delegación do Goberno en Galicia

 

Dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) vén de trasladarse á Delegación de Goberno un aviso sobre posibles desprazamentos de persoas por mor da Semana Santa.

Nos úlimos días “varios concellos puxeron en coñecemento da Fegamp que estaban percibindo preparativos en segundas residencias nas súas correspondentes demarcacións. Nalgúns casos trátase de máis que sospeitas, tendo constatación da vontade de traslado por parte dos propietarios das vivendas. Os responsables das administracións locais están preocupados polas posibles consecuencias sanitarias de producirse tales movementos de persoas”, segundo sinalan dende esta entidade.

Neste senso, a Fegamp solicita ás autoridades competentes que “reforcen os controis e apela á responsabilidade e colaboración cidadá para que se respecten as medidas de contención da enfermidade gardando a corentena e evitando desprazamentos innecesarios”.

Artigos relacionados

Back to top button