OurenseÚltima hora

A Fegamp canaliza a axuda dos concellos galegos a Ucraína

A Federación Galega de Municipios e Provincias puxo a disposición do Goberno do Estado o mesmo operativo que empregou na organización de axuda solidaria aos afgáns

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) vén de informar de que tramita a primeira relación de axuda humanitaria dos concellos galegos ao pobo ucraíno,dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta de Galicia.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, ofrecera ao Goberno do Estado activar o mecanismo de colaboración empregado, por exemplo, na axuda humanitaria para os refuxiados afgáns ou na coordinaciónde material durante a pandemia, e que puxo en marcha inmediatamente tras recibir as indicacións sobre a posible cooperación a recadar.

Nesta ocasión, “ademais de aloxamento, o requirimento inclúe atención sanitaria, escolarización, ensinanza do idioma, atención psicosocial e todo tipo de doazóns de bens de primeira necesidade e medicinas que os propios concellos levana recadar entre os seus medios e a solidariedade cidadádende o inicio da invasión”.

Artigos relacionados

Back to top button