En portada

A Fegamp chama aos cidadáns a concentrarse o domingo polos atentados de París

As concentracións serán diante dos seus Concellos ás doce do mediodía
Logotipo da Fegamp.
Logotipo da Fegamp.

Nun comunicado emitido na mañá do 14 de novembro, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), vén de amosar a súa “máis contundente repulsa polos crimes terroristas de París e desexa expresar a total solidariedade coas vítimas, os seus familiares e con toda a sociedade francesa”.

Deste xeito este organismo súmase aos diversos comunicados de condena emitidos por numerosas institucións, como a Xunta de Galicia ou a Deputación de Lugo, entre outros; así como por diversas formacións políticas. Na comunicación feita pública pola Fegamp, o seu presidente, o alcalde barquense Alfredo García, asegura que “isto non é unha guerra, isto son simple e llanamente crimes contra a humanidade e a civilización”. E nese senso, “unímonos ao chamamento feito pola FEMP e convocamos a tódolos cidadáns de Galicia a concentrarse mañá (15 de novembro) diante do seu Concello e a gardar un minuto de silencio como testemuña de repulsa por estes feitos e de solidariedade con Francia”.

Artigos relacionados

Back to top button