ConcellosÚltima hora

A Fegamp e a Xunta dan comezo co plan de actuación conxunta da memoria histórica

O Goberno galego informou dos acordos parlamentarios aprobados, concretamente da retirada de símbolos franquistas, de competencia municipal, e da localización de fosas e exhumacións de cadáveres

O presidente da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García, reuniuse hoxe, día 22 de xullo, en Santiago de Compostela, coas directoras de Administración Local e de Relacións Institucionais e Parñamentarias, Marta Fernández e Blanca García. Na reunión acordaron o deseño dun plan de actuación conxunta da memoria histórica entre as Administracións local, autonómica e estatal.

 

Durante a reunión.

 

O primeiro dos acordos parlamentarios insta á Xunta de Galicia a consensuar e coordinar coa Federación Galega de Municipios e Provincias e coa Administración Xeral do Estado as actuacións encamiñadas a facilitar ás familias de vítimas da Guerra Civil e da represión franquista a localización, exhumación e traslado, se procede, dos restos mortais dos seus familiares.

Así, o segundo insta ao Goberno galego a elaborar e aprobar, coa participación das entidades locais, universidades e asociacións de memoria histórica, un Plan plurianual de investigación, localización, exhumación e identificación das vítimas do franquismo que están soterradas en fosas comúns en Galicia.

Segundo este acordo, o procedemento para a localización basearase na investigación por parte dun equipo multidisciplinar que teña en conta as fontes orais, as probas documentais e a relación de indicios que a xustifiquen. Os traballos de exhumación e identificación realizaranse por equipos profesionais, con financiamento público e de conformidade cos protocolos establecidos co obxectivo último do plan debe ser a entrega dos restos ás familias e o desenvolvemento de actos de enterramento digno.

Artigos relacionados

Back to top button