ConcellosÚltima hora

A Fegamp reclama a restitución dos servizos de trens suprimidos por mor do Covid e da chegada do AVE

Publicidade
Estación de A Rúa-Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) vén de trasladar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a operadora RENFE unha declaración institucional para que se “garanta a universalidade, accesibilidade e utilidade dos servizos ferroviarios de acordo ás necesidades dos galegos e galegas no seu día a día”.

A iniciativa municipalista xorde logo dunha reunión do presidente da Fegamp, Alberto Varela, con representantes de usuarios e usuarias de tren e a análise da situación por parte da Comisión Executiva da Federación.

En representación dos concellos na súa procura do benestar dos seus veciños, a Fegamp “reclama a restitución dos servizos de trens suprimidos por mor do Covid e da recente chegada do AVE, en tanto que a rebaixa das frecuencias nas conexións do eixo atlántico e destas áreas con Ourense deixa á cidadanía coas súas necesidades de desprazamento sen cubrir ou con grandes complicacións no seu desenvolvemento cotián”.

 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Federación prega “profundar na natureza de servizo público e, como tal, na obriga de lle garantir o carácter de universalidade e accesibilidade, tanto en termos físicos coma económicos”. Neste sentido, a Fegamp apela a unha mellora para as persoas e para a vertebración territorial.

Así mesmo, recollendo as queixas trasladadas polos usuarios, os concellos demandan a “adaptación dos horarios dos servizos para que coincidan coas xornadas laborais e escolares, melloras na puntualidade do servizo e maior flexibilidade nas políticas de abonos e na coordinación entre as distintas modalidades de transporte”.

Artigos relacionados

Back to top button