EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A feira de produtos artesáns de Parada de Sil reúne unha ducia de postos

Ademais de cumprir cos medidas de seguridade fronte ao Covid, a mostra incluía novidades como unha degustación de Licores Icatú

 

Dende produtos elaborados con coiro, doces galegos e árabes, ata castañas, pasando por embutidos, queixos e viños. Eran algúns dos diferentes artigos que podían atoparse na ducia de postos da feira de produtos artesáns que neste 25 de xullo se instalaba na praza de O Curtiñeiro de Parada de Sil.

A mostra contaba con novidades importantes con respecto a ouras anteriores. En primeiro lugar, a súa adaptación á COVID-19 pondo xel desinfectante e as medida de seguridade esixidas, que respectaron escrupulosamente ás máis de 500 persoas que pasaron polo lugar.

En segundo lugar, o Concello de Parada de Sil instalou un posto no que estaba a oficina de Información Turística e outro de venda de chocolate do Museo do Chocolate.

Outra novidade importante desta edición foi que Ecos da Pedra, empresa instalada na aldea de Teimende (Parada de Sil) e que elabora os licores Icatú, ofreceu unha degustación dos seus produtos recentemente premiados coa medalla de ouro do premio internacional International Wine Awards 2020.

O alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradeceu a expositores e visitantes a asistencia a esta feira que se está a consolidar e que pretende ter unha periodicidade trimestral.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button