EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Feira de Valdeorras abre as portas cunha vintena de postos e unha manchea de actividades

A mostra permanecera aberta esta fin de semana no paseo do Malecón do Barco como preámbulo ás Festas do Cristo

As Festas do Cristo do Barco deste ano teñen un marcado carácter artístico e rodeada de artistas, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, inauguraba a Feira de Valdeorras na mañá do 8 de setembro. O programa festivo propiamente dito desenvolverase do 13 ao 16, pero nesta fin de semana previa, “como preámbulo das festas”, desénvolvese a segunda edición da mostra no paseo do Malecón.

Unha vintena de postos de todo tipo (gastronomía, viño, librerías, asociacións, artigos de segunda man,…) permanecerán abertos durante a fin de semana, pero a feira vai moito máis alá cunha serie de actividades complementarias, algunhas da man dos artistas que acompañaban na inauguración a Margarida Pizcueta.

Chere falou do mural que están elaborando á beira do río, un proxecto aberto á poboación á que convidaron a participar colocando a súa propia tesela ata completar catro peixes que “brincarán nas augas do Sil”. Jorge Barredo, explicou que as sete instalacións da mostra enBarcArte que se abre hoxe mesmo, están espalladas por toda a vila (dende o casco vello ata o río ou a praza do Concello), así como na Sala de Exposición de Abanca onde hoxe ás 20h. se inaugurará a exposición de interior. “Publicamos un tríptico cun plano para poder seguilas que se pode conseguir nos comercios”, explicou. A esa mesma hora (hoxe e tamén mañá) celebrarase a poxa no recinto da feira, unha das novidades deste ano, con produtos donados por empresas e particulares da zona en beneficio das asociacións presentes na feira: Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro, Peludines Callejeros e Patrulla Felina.

Hoxe tamén haberá actividades para os nenos e a partires das 21h. actuará Son do Sil á beira do río con cadeiras para o público. A feira continurá mañá con máis actividades e o broche dun concerto de grupos locais, entre eles o Orfeón Valdeorrés e Miguel Arias.

Na inauguración, amenizada musicalmente polo grupo Amanecer, tamén estiveron o alcalde do Barco Alfredo García e Coquixo, coautor do cartel e do deseño do programa das Festas do Cristo 2018.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button