ConcellosÚltima horaVerín

A Feira de Verín do 3 de agosto, ao 100% da súa capacidade

Imaxe dunha feira anterior en Verín./ Foto cedida.

 

Desde o Concello de Verín infórmase a cidadanía de que a feira ordinaria que se celebrará mañá martes 3 de agosto poderá instalar a totalidade dos seus postos autorizados, como así o especifica a última actualización de medidas fronte ao Covid-19 decretadas pola Xunta de Galicia.

“Segundo especifica a Consellería de Sanidade na ORDE do 29 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada dá COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, os mercados e feiras que conten con menos de 150 postos autorizados (como é o caso de Verín), poderán realizarse ao 100 por cento da súa capacidade”, tal e como lembra o Concello de Verín.

Co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade e separación polo Covid-19, “os postos estarán separados pola correspondente distancia de seguridade o que facilitará aos usuarios e usuarias do mercado respectar a distancia mínima de separación de 1,5 metros entre cada persoa”, din dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button