EconomíaEconomíaÚltima hora

A feira de Xinzo seguirá na localización provisional ata que remate a pandemia

Os postos concentraranse na explanada do Toural e na rúa Carmen Nóvoa

A feira de Xinzo seguirá ubicada na localización provisional ata que se declare o fin da pandemia ou ben se descubra unha vacina. Esta decisión acordárona a alcaldesa, Elvira Lamas, e os propios feirantes. Así, o emplazamento ata que remate esta situación serán a explanada do Toural, a rúa Carmen Nóvoa e, se fora preciso, a beirarrúa do parque da rúa Alexandre Bóveda.

 

Reunión coa Policía Local.

 

Na feira de mañá, venres 13 de xuño, haberá 156 postos, dos que 16 serán de pulpo e comidas. O motivo de que sexan menos que antes da declaración do Estado de Alarma, é que algúns deles adícanse á venda de produtos estacionais ou ao peche da fronteira con Portugal. Ademais, o Concello de Xinzo esixe que só poidan acudir á feira os ambulantes que teñan toda a súa documentación ao día ou en trámite de renovación.

 

Reunión cos feirantes.

 

Así, os postos, como nas dúas feiras anteriores, estarán no interior de recintos valados, con controis de acceso e saída, nos que tanto acxentes da Policía Local como voluntarios de Protección Civil ofrecerán máscaras a que careza delas e xel desinfectante.

Artigos relacionados

Back to top button