En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A feira do día 6 volve dar vida á praza de Viloira (O Barco)

Este mercado tradicional levaba sen celebrarse dende a declaración do estado de alarma polo Covid-19

 

As pulpeiras e os postos volvían dar vida neste primeiro sábado de xuño á tradicional feira do día 6 en Viloira (O Barco). Iso si, con novidades. Levaba sen celebrarse dende a declaración do estado alarma e a xente achegábase ao longo da mañá ata o recinto feiral, que nesta ocasión, limitábase á praza Otero Pedrayo.

Nel podían visitarse unha vintena de postos de produtos agroalimentarios, separados por unha distancia de 4 metros, entre outras medidas para garantir a seguridade. Tamén volvían as catro pulpeiras que acostuman instalarse na feira, que, neste caso, si mantiñan o seu lugar habitual.

 

 

Deste xeito celebrábase no Barco a primeira feira da desescalada, xusto na fin de semana previa ao pase de Galicia á fase tres, respectando todas as medidas decretadas polas autoridades sanitarias e baixo o control da Policía Local.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close