EconomíaEconomíaÚltima hora

A feira do día 7 en Fontei (A Rúa) regresa este domingo

O Concello publica unha serie de recomendacións a ter en conta para "non tirar pola borda o traballo feito ata agora"

Feira en Fontei, A Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

En plena desescalada (o luns entraremos na Fase 3), A Rúa vai recuperando pouco a pouco as actividades (económicas, culturais, deportivas,…) e agora tócalle á feira.

Despois de tres meses sen celebrarse, a feira do día 7 en Fontei, regresa este domingo. Iso si, “cumprindo con todas as garantías sanitarias e de seguridade para traballadores, clientes e viandantes”, aseguran dende o Concello, adiantando as medidas a ter en conta por todos aqueles que se acheguen ata o mercado.

Para “non tirar pola borda o traballo feito ata agora” e “volver á feira con sentidiño”, é preciso: lavar as mans antes de saír de casa; usar mascarilla; usar luvas e non tocar os produtos; evitar o contacto físico; manter a distancia de seguridade; evitar as aglomeracións; que haxa un só cliente por vendedor; e desinfectar a compra ao chegar a casa.

 

Artigos relacionados

Back to top button