ConcellosO BarcoÚltima hora

A Feira do Libro do Barco abre as súas portas no Malecón

Conta cunha ducia de expositores, entre eles o do Periódico O SIL, e inclúe diversas actividades complementarias

 

O Paseo do Malecón, nas proximidades da desembocadura do río Cigüeño, convértese este ano en escenario da Feira do Libro do Barco que se desenvolverá nesta fin de semana coa participación dunha ducia de expositores, entre o do Periódico O SIL.

O horario da mostra será de 11h. a 20:30h. e nela participan tamén varias librarías do Barco, e tamén de concellos veciños como Quiroga, xunto con outros colectivos culturais. Tamén se conta cunha caseta para a sinatura de libros e outra da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán na que se exporán os libros dos autores que teñen previsto asinar exemplares na feira”.

Así, as actividades complementarias do programa comezaban xa o sábado ás 12:30 horas coa sinatura de libros a cargo de Estefanía Padullés, ilustradora de títulos intantís como ¿A manchas o a rayas?, Leopoldo el pequeño monstruo ou Un mundo para Maruxa. Este sábado día para as 17 horas estaba un espectáculo de maxia, escapismo e humor a cargo de Rogelio, un paisano en recuperación; así como ás 19 horas a sinatura de libros de Inma López Silva, Xurxo Souto e Raúl Gómez Pato.

Sen embargo, o Concello do Barco comunicaba a media tarde a suspensión de todas as actividades por mor da chuvia.

 

 

O domingo, o programa incluía que a feira volvería reabrir de 11h. a 20:30 h. con dúas actividades complementarias. Ás 12 horas, sinatura de libros da poeta monfortina Monterrat Yoldi Sanmartín, autora de Coas pálpebras ou Cisna na boca, entre outras obras colectivas; e ás 13 horas recital poético de Andrea Fernández Maneiro, finalista do I Premio de Poesía FDG. Presentará textos do seu poemario Migratoria acompañada polo músico Manuel Dopico Orjales do grupo Quenlla. Estas actividades, segundo o Concello, “están pendentes da meteoroloxía”.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button