ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Feira do Libro do Barco abre as súas portas

Estará aberta ao público na praza José Otero da vila ata o 28 de abril con nove casetas e diversas actividades

Un total de nove expositores poderán visitarse ao longo desta fin de semana de 27 e 28 de abril na Feira do Libro do Barco, instalada na praza José Otero, nas proximidades do Paseo do Malecón. Entre os expositores están: Libraría Celia (Quiroga), Libraría Lipor (A Rúa), Libraría Murciego, Libro Antigo e de Colección David, Libraría Praxis, Asociación Vagalume, Patrulla Felina, Ateneo Republicano e Cineclub Groucho Marx.

Quen se achegue ata a praza tanto o sábado como o domingo poderá ver e mercar libros (tanto clásicos como últimas novidades) , pero a feira inclúe unha serie de actividades complementarias para todos os públicos que se desenvolverán no propio recinto. O programa iniciábase o sábado ás 13horas coa presentación da Colección OF de fotografía da editorial difusora coordinada polo barquense Víctor Nieves.

E xa pola tarde, ás 17 horas haberá dous obradoiros. Un dirixido a pais, nais e adultos que queiran mellorar as súas capacidades como contacontos que se desenvolverá no 4º andar do edificio da Biblioteca P. M. Florencio Delgado Gurriarán; e outro a cargo de Peludines para aprender a coidar ás nosas mascotas.

O domingo ás 13:30 horas será a quenda para a presentación do poemario Detéxtonos de Xabier Xil Xardón nun espectáculo musical no que o acompaña Leo i Arremecaghona. Pola tarde, ás 17 horas haberá un Contacontos Perruno, para nenos de entre 1 e 6 anos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button