ConcellosÚltima hora

A Feira do Libro do Barco celebrarase en plenas Festas de Santa Rita

As Macizas Centrais actuarán na sesión vermú, o domingo 20 de maio na praza Andrés de Prada

Inicialmente estaba prevista para mediados de abril, igual que o ano pasado, pero a previsión meteorolóxica obrigaba a aprazala e finalmente a Feira do Libro do Barco de Valdeorras, celebrarase a fin de semana do 19 e 20 de maio, en plenas Festas de Santa Rita, na praza Andrés de Prada.

Ademais da presenza de librarías e asociacións da comarca que presentarán e venderán os seus produtos nos diferentes expositores, a mostra completarase con actividades de música, como a presentación do disco de Roberto Fernández e a actuación das Macizas Centrais o domingo en sesión vermú. Tamén haberá espazo para os contacontos o sábado pola mañá na beira do Río Sil. A feira pecharase na tarde do domingo coa visita dos escritores valdeorreses con publicacións recentes como Charo Álvarez, David Vázquez, Mencía Yano, Laura Modelo ou Jorge Rodríguez.

De forma paralela e en colaboración cos centros escolares de Primaria e Secundaria dende dende o Concello do Barco deseñado un roteiro literario polos establecementos hosteleiros da localidade, nos que a partires de hoxe haberá carteis que amosan os fragmentos que os alumnos escolleron como favoritos de entre as lecturas que fixeron este ano.

Máis información no Especial Santa Rita do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button