CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Feira do Libro do Barco enchíase de “estraños seres” contados, imaxinados e debuxados

 

Entre as diversas actividades incluídas na Feira do Libro do Barco, que se desenvolvía na pasada fin de semana no Paseo do Malecón, estaba na tarde do sábado o contacontos do libriño infantil O estraño Ser (Scribook), un conto escrito por Eva Iglesias e ilustrado por Eva Piay, ambas de Rubiá.

Ante os máis pequenos Eva Iglesias ía debullando a historia dun estraño ser que vive no máis fondo do mar e soña con descubrir que hai máis alá do que a súa luz lle permite ver. Na súa singular viaxe cara o descoñecido toparase con situacións que o poñen a proba e que lle revelan que é moi diferente ao resto de seres que habitan no mar.

Despois, compartía cos nenos e nenas presentes unha divertida actividade na que os cativos imaxinaban e logo debuxaban outros “estraños seres”, que logo se penduraban dos troncos dar árbores do Malecón.

 

Cedida.

 

Ao longo da fin de semana podían visitarse na feira unha vintena de expositores de postos de librarías e asociacións: Libraría Praxis, IEV, Barullo, Patrulla Felina, Libraría Murciego, Periódico O Sil, Libros de Segunda man de David López, Libraría Celia, Casa Tomada, Scripbook, Pentarumbas e Nós.

Fotos: A.R., agás as catro últimas fotos da galería que son cedidas.

 

Eva Iglesias, autora da historia de “O Estraño Ser”.

Artigos relacionados

Back to top button