ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A Feira do Libro do Barco reabre as portas na xornada deste domingo

 

Depois de ter que pechar na tarde de onte polas condicións meteorolóxicas, a Feira do Libro do Barco, organizada pola Concellería de Cultura, reabría as portas na mañá deste domingo 17 de outubro, estando previsto o peche en torno ás 20:30 horas.

Así, ao longo do Paseo do Malecón están instaladas varias librarías (Muciego, Praxis, Celia (Quiroga), A Casa Tomada) e tamén Libros de segunda man de David así como colectivos como a Patrulla Felina, o Ateneo Republicano, o Instituto de Estudos Valdeorreses e o Cine Club Groucho Marx. Tamén hai unha caseta para a sinatura de libros na que esta mañá estaba a poeta monfortina Monterrat Yoldi Sanmartín, autora de Coas pálpebras ou Cisna na boca, entre outras obras colectivas.

Tamén como activiade complementaria para esta xornada está o recital poético de Andrea Fernández Maneiro, finalista do I Premio de Poesía FDG que presentará textos do seu poemario  Migratoria acompañada polo músico Manuel Dopico Orjales do grupo Quenlla.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button