EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño da D.O. Monterrei será virtual nesta edición

Incluírase, entre outras propostas, o concurso #BrindoconDOMonterrei a través de facebook

Imaxe da anterior edición da Feira do Viño de Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante a situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19 e os rebrotes que se están sucedendo nas últimas semanas, o pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de acordor reformular a súa feira do viño, que acostuma celebrarse na segunda fin de semana de agosto.

Así, en lugar de contar cos habituais stands das adegas, que se instalan na Alameda de Verín, esta edición da feira trasladarase ao mundo virtual. “Esperouse ata o último momento para tomar a decisión, ten sido moi meditada e tristemente a realidade obrigounos a trasladar a nosa feira ao mundo virtual co obxecto de respectar a distancia social e ser, polo tanto, prudentes e responsables coa sanidade pública, xa que na última edición superamos os 30.000 visitantes”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez.

Con todo, y para seguir revalorizando el esfuerzo y trabajo de los viticultores y bodegueros que conforman la denominación, “se ha decidido realizar una importante campaña en redes sociales, que se extenderá a lo largo de varias semanas, para que los consumidores no se olviden de nuestra cita vitivinícola, que se recuperará en el 2021, y sigan apostando por Monterrei en sus mesas”, manifiesta la presidenta.

Entre as iniciativas que se prevé realizar neste novo formato figura o concurso #BrindoconDOMonterrei. Farase na vindeira fin de semana, coincidindo coa data na que ten lugar a Feira do Viño, a través de Facebook. A iniciativa busca que se suban fotos de brindes con viño da denominación, etiquetando á D.O. Monterrei e usando o hastag #BrindoconDOMonterrei.

 

 

Entre todos os participantes sortearase estoxos de viño xenérico e visitas a adegas de Monterrei, entre as que están Gargalo, Vinos Lara, Triay, Tapias Mariñán, Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Estela do Val, Daniel Fernández e Quinta Soutullo (previa cita concertada coa adega e cumprindo todas as medidas hixiénico-sanitarias establecidas).

Así mesmo, faranse post sobre adegas da denominación, vídeos recordatorios da celebración, coa participación de membros da Confraría dos Viños de Monterrei, entre outras cuestións.  “Todo co fin de recordar que somos unha gran familia, e que o próximo ano volveremos con máis ilusión se cabe e moito máis fortes”, engade Lara Da Silva.

A presidenta tamén apunta que a cita con Monterrei deste ano non estará do todo incompleta, xa que como estaba previsto desde o inicio de ano, a celebración da Confraría dos Viños de Monterrei trasladarase, “se todo nolo permite”, para o mes de decembro. “Esta decisión foi proposta ao pleno do Consello Regulador a principios do 2020, co obxectivo de deslocalizar da feira dita actividade, xa que a evolución da nosa cita vitivinícola ten sido tal, que era necesario darlle o seu propio sitio no calendario”, conclúe a presidenta.

Artigos relacionados

Back to top button
Close