EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño de Monterrei presenta o seu cartel e ao seu pregoeiro, Rubén Riós

A propuesta seleccionada é un traballo de Rubén Lucas García e ten sido escollida entre un total de 43 obras presentadas ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei

 

A falta de apenas un mes para celebrar a súa decimocuarta edición, a Feira do Viño de Monterrei vén se presentar o seu cartel anunciador. A proposta seleccionada é un traballo de Rubén Lucas García e ten sido escollida entre un total de 43 obras presentadas ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.

O autor desta proposta, presentada baixo o lema “Diversión”, é deseñador gráfico e ilustrador e conta cunha ampla traxectoria como debuxante dende hai 15 anos. O xurado do concurso de carteis da mostra estivo formado por  Cristóbal Boo, vogal e representante do Consello Regulador da D.O Monterrei; Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica, e Sergio Crespo, experto en fotografía.

Rubén Riós, pregoeiro da XIV Feira do Viño de Monterrei

Ademais neste venres 12 de xullo vén de desvelarse quen será o pregoeiro desta nova edición. Trátase do actor e director Rubén Riós, “un gran defensor do rural galego, que o promove e impulsa a través da realización de festivais culturales e da creación de proxectos agroalimentarios, entre outras iniciativas”, segundo a organización da feira.

Artigos relacionados

Back to top button