EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño de Valdeorras celebrarase no Barco en xullo

Acordábase no pleno celebrado na tarde do 24 de abril no Consello Regulador da D.O. Valdeorras
Un dos momentos da sesión plenaria do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da sesión plenaria do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Logo da sesión celebrada a primeiros de abril e na que non se conseguían os apoios necesarios para sacar adiante as contas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, os membros deste pleno voltaban a reunirse na tarde do 24 de abril na sede deste órgano réctor en Vilamartín. Nesta sesión saían adiante os puntos da liquidación e memoria do 2014, así como o orzamento do 2015.

Un dos puntos abordados foi a celebración da vindeira Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos puntos abordados foi a celebración da vindeira Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tamén se acordaba a celebración da vindeira Feira do Viño de Valdeorras no Barco, por segundo ano consecutivo. Este evento está previsto para os días 11 e 12 de xullo, segundo adiantaba o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Vicente Solarat.

Artigos relacionados

Back to top button