EconomíaEconomíaViticultura

A Feira do Viño de Valdeorras promociónase en Vigo

A presentación do certame tiña lugar o día 20 de xuño na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra
De esquerda á dereita, Marta Iglesias, José Luis García Pando, Afredo García Rodríguez, Luis Novoa e César Sánchez, no acto.
De esquerda á dereita, Marta Iglesias, José Luis García Pando, Afredo García Rodríguez, Luis Novoa e César Sánchez, no acto.

Cunha degustación-presentación na Confederación de Empresarios de Pontevedra dábase a coñecer en Vigo o programa da XVII Feira do Viño de Valdeorras que terá lugar no Barco na fin de semana do 12 e 13 de xullo. Na praza Andrés de Prada da vila reuniranse os stands dunhas 22 adegas valdeorresas e poderán degustarse un cento de marcas diferentes de viños de calidade da zona.

A parte diso, nesta edición o certame aposta por unha serie de propostas que enlazan o mundo do viño coa arte, a música, o cine e a radio, tal e como adiantaba na presentación o presidente da D.O Valdeorras, José Luis García Pando.

Neste acto, celebrado na mañá do 20 de xuño, participaban, ademais do presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e do alcalde do Barco, Alfredo García; o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), o presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos), César Sánchez Ballesteros, e a deputada provincial, Marta Iglesias.

O presidente da CEP, Luis Novoa Díaz, destacou na súa intervención que “as denominacións de orixe son moi importantes, están a facer viños diferentes, que se están a saír do clásico e, á parte dos viños brancos, os tintos e, sobre todo os Valdeorras, son os grandes descoñecidos”. Animou a explotar as posibilidades de maridaxe que teñen con arroz, pasta, pescado aves, etc, e á súa internacionalización en mercados como Estados Unidos e Europa.

Tras a presentación do cartaz da feira, tivo lugar unha degustación de viños de Valdeorras, maridados con deliciosos pinchos da “nova cociña galega”, que foi dirixida por Jorge Mazaira, director técnico da D.O. Valdeorras.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button