EconomíaEconomíaÚltima hora

A Festa da Bica de Trives promociónase nas oficinas de Correos

Esta festa declarada de Interese Turístico Galego celebrarase na última fin de semana deste mes de xullo

 

O Concello da Pobra de Trives e Correos veñen de asinar un acordo polo cal se promocionará a celebración da Festa da Bica en oficinas de Correos. A través das pantallas situadas nas oficinas de Santiago de Compostela e Vigo, os cidadáns e turistas poderán coñecer este evento declarado Festa de Interese Turístico Galego.

A Festa dá Bica de Trives, que será como sempre na última fin de semana de xullo, leva celebrándose desde 1972 no cume de Manzaneda. Ademais de darlle visibilidade ao evento e ao produto gastronómico máis emblemático deste territorio, o acordo do Concello de Trives e Correos prolongarase ao longo de 2022 xa que a Oficina Principal de Correos de Ourense promocionará as actividades culturais e de lecer que levarán a cabo na Pobra de Trives.

As pantallas colocadas en Correos contan cunha gran visibilidade entre os cidadáns (en 2021 as oficinas españolas rexistraron máis de 89 millóns de visitas). Con este novo servizo de pantallas nas oficinas de Correos, o concello da Pobra de Trives atopa unha nova canle de promoción para as súas actividades culturais.

 

Artigos relacionados

Back to top button