EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Festa da Empanada de Costrelas da Rúa Vella bate un novo récord reunindo a 450 persoas

 

Batendo un novo récord de asistentencia, a XIX Festa da Empanada de Costrelas organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro en colaboración co Concello da Rúa, reunía no Campo de San Roque a máis de 450 persoas (50 máis que na pasada edición).

A xente levaba dous anos e catro meses esperando, xa que despois de candelar a de 2020 estaba prevista para decembro de 2021 pero decidían retrasala uns meses polo aumento de casos de Covid, por iso a resposta foi moi positiva e a asistencia masiva ao xantar que finalmente se celebraba no mediodía deste Sábado Santo. “Decidimos facela nesta data porque en Seadur non organizaban a Ruta das Adegas, por iso tamén hai máis xente”, aseguraban dende a organización, intres antes de comezar. As 450 entradas que a organización poñía á venda esgotábanse antes de rematar o prazo polo que a maioría dos asistentes contaban xa co seu servizo previo.

 

A protagonista da festa, empanada de costelas.

 

Servido un ano máis por Mantesil o menú estivo formado por sopas de allo, empanada de costelas elaboradas por Panadería Lorenzo e torta de roxóns, ademais de viño, auga e licores. Despois do xantar no que se empregaban 60 empanadas e 200 litros de sopas, a sobremesa estivo amenizada musicalmente pola disco móbil Danzalia, da Rúa.

Nun sorprendentemente caluroso sábado de mediados de abril, a xente desfrutou como nunca, do xantar e sobre todo da festas e dos reencontros.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button