En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Festa da Empanada de Costrelas da Rúa Vella bate un novo récord

Unhas 400 persoas asistían ao xantar celebrado no campo de San Roque

 

Superando un ano máis todas as expectativas, a Festa da Empanada de Costrelas organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro en colaboración co Concello da Rúa, reunía no Campo de San Roque a unhas 400 persoas (50 máis que na pasada edición).

Servido un ano máis por Mantesil o menú estivo formado por sopas de allo, empanada de costelas elaboradas por Panadería Lorenzo e torta de roxóns, ademais de viño, auga e licores. Despois do xantar, a sobremesa estivo amenizada musicalmente pola disco móbil Danzalia, da Rúa. A organización ofrecía a posibilidade de reservar mesa e a maioría dos asistentes contaban xa co seu servizo.

 

Servindo a empanada de costrelas.

 

A festa tamén traía este ano algunha novidade como o anuncio da orquestra que amenizará o día central das Festas de San Roque 2020: El Combo Dominicano. Asemade celebrábase o sorteo dunha gran Cesta de Nadal e vendíanse camisetas co debuxo gañador do concurso que a asociación lanzaba hai uns meses. Custan 10 euros e tamén se poden mercar no Colmado e no bar San Roque.

Con esta multitudinaria xuntanza gastronómica a Asociación Sabugueiro da Rúa Vella pon o broche a un completo ano de actividadese iniciativas para implicar á sociedade e dinamizar a vila. Dende as festas ata concursos, pasando por obradoiros. Entre os meses de outubro e novembro organizaron un infantil de decoración de cabazas e varios de decoración navideña, e de cara ao mes de xaneiro teñen previsto comezar un de murais “con tapóns de botellas”, puntualiza Víctor Ferradal dende a Asociación, moi satisfeito coa resposta da poboación.

Asistentes á festa entre eles Víctor Ferradal, da Asociación Cultural Sabugueiro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button