OurenseÚltima hora

A Festa da Empanada, os días 17 e 18 de agosto en Allariz

Música, deporte e gastronomía serán os compoñentes desta celebración

A Festa da Empanada de Allariz terá lugar os días 17 e 18 de agosto. As actividades desta celebración estarán cheas de música, deporte, e sobre todo gastronomía.

 

Cartaz da actividade.

 

O disparo de bombas o sábado 17 ás 9:00 horas anunciará o comezo da festa, co Campionato de Billarda á mesma hora. Xa pola tarde, terá lugar o XXX Triatlón Vila de Allariz e a presentación do Picadiscos María Faltri. Así, para cerrrar esta xornada, os xardíns do Museo do Coiro acollerán o concerto de Habitación Vudú, ás 00:00 horas.

O domingo 18, ás 11:00 horas terán lugar tres actividades: un pasarrúas a cargo da Banda Unión Musical de Allariz, a XXX Regata de Piragüismo Festa da Empanada e a Festa Campestre. Ás 12:00 horas comezará o desfile de Xigantes e Cabezudos para que ás 13:00 horas empece o concerto da Banda Unión Musical de Allariz.

Pola tarde, as actividades comezarán ás 18:00 horas co Trofeo de Fútbol Festa da Empanada, e o concerto de LAROÁ. Así, ás 21:00 horas haberá un baile popular co grupo D´MODA que tamén contará con verbena.

Artigos relacionados

Back to top button