A “Festa da Letras” en Trives con contacontos e unha andaina

Se o tempo o permite, o 17 de maio terá lugar unha “Ruta de sendeirismo familiar” con saída dende a Oficina de Turismo da vila

Imaxe dunha ruta realizada anteriorment nas Letras Galegas en Trives./ Foto: Concello de Trives.

No marco da celebración das Letras Galegas na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives tiña lugar unha actividade de contacontos. Así o voluntariado da biblioteca, coa colaboración do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, representaban “A dama de Auga”. Trátase dun acto lúdico e cultural “que pon en valor a nosa lingua e como cada conto, fai soñar e pasar un rato entretido a grandes e pequenos”, din dende o Concello.

Para mañá venres 17 de Maio, está prevista, se o tempo o permite, unha “Ruta de sendeirismo familiar”, de dificultade baixa e que sairá ás 11:30h. diante da Oficina de Turismo (no Edificio Santa Leonor). “Será unha mañá en pleno contacto coa natureza, percorrendo fermosos sendeiros e recunchos do noso territorio, marcará a xornada das Letras Galegas no Concello da Pobra de Trives.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies