CulturaCulturaÚltima hora

A Festa da Palabra do Carballiño conmemora o centenario da revista Nós

Terá lugar o vindeiro domingo, 19 de xullo, na Insua dos Poetas

A XII Festa da Palabra conmemora este domingo, 19 de xullo, o centenario da revista Nós. Terá lugar na Insua dos Poetas, na Esgueva, Madarnás (O Carballiño).

Ademais da habitual entrega de premios “Insua dos Poetas”, terá lugar a actuación de Son Trío; ás 14.00 horas celebrarase a romaxe literaria, coa actuación de Airiños de Caldelas, e ás 18.00 horas actuará o grupo folk Tor, que presentará o seu novo disco.

 

Portada da revista Nós./ Foto: Fernando del Río.

 

O programa inclúe poesía, música e a presentación do libro “Camiño de Nós” (que se vai distribuír no decurso do acto), unha publicación da editorial Aira que é a recolleita dunha crónica publicada en 1926 en “A Nosa Terra”, que narra a peregrinaxe de Ourense a Santiago realizada por persoeiros como Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez ou Xabier Pardo.

Ademais, o domingo tamén se dará a coñecer a persoa ou a obra homenaxeada na Festa da Palabra de 2021, e se entregarán os premios correspondentes á edición deste ano, unha cita cultural que contará coa participación de representantes de entidades sociais, culturais e institucionais de Galicia.

Durante a pasada edición.

Artigos relacionados

Back to top button