A Festa das Covas de Vilamartín estrea venda anticipada de entradas

Esta celebración, que cada ano congrega a milleiros de persoas, terá lugar o vindeiro 3 de agosto

 

Participantes na pasada edición da Festa das Cova de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Primeiro desvelábase a imaxe promocional da súa 23ª edición, obra do fotógrafo rues Álvaro Rodríguez, e agora vén de anunciarse que, por vez primeira, as entradas da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras poderán mercarse de xeito anticipado.

De feito, xa están á venda a un prezo de 12 euros no seguinte enlace:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/vilamartin-de-valdeorras/10183–xxiii-festa-das-covas.html

Esta multitudinaria celebración que fusiona a tradición ancestral das covas vilamartinesas co viño, cos petiscos e coa festa, está programada para o vindeiro 3 de agosto a partir das 20:30h.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies