En portadaÚltima hora

A Festa das Covas de Vilamartín recupérase cunha multitudinaria participación

 

Milleiros de persoas dábanse cita a partir das 20:30h. deste sábado 6 de agosto na Festa das Covas de Vilamartín, que se retomaba con éxito logo de dous anos de obrigado parón pola pandemia. Dende mozos ata maiores iniciaban, cunca e pano azul claro en man, un percorrido festivo por estas singulares adegas soterradas para desfrutar dos viños (brancos e tintos) e tamén de diversos petiscos, mentres o ambiente estaba animado polo son de charangas.

Nesta edición o recinto estaba limitado a 4.000 persoas, boa parte das cales mercaban a súa entrada por internet. Había participantes da comarca, pero tamén outros chegado de diferentes partes de Galicia e mesmo doutros puntos de España.

 

 

Arredor da medianoite as covas irán pechando as súas portas e a festa mudará de escenario para trasladarse a outra zona de Vilamartín (pendente de determinar ao peche desta edición). Alí, a partir das 00:30h. actuará a orquestra Fénix e haberá unha discoteca móbil, que se irán turnando ao longo da madrugada.

Esta Festa das Covas está organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración co Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella

Galería completa de fotos en https://osil.info/a-exitosa-xxiv-festa-das-covas-de-vilamartin-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button