EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Festa das Covas de Vilamartín sortea dúas entradas

Instagram será a rede social onde se anuncie o gañador ou gañadora

A organización da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras sortea dúas entradas en Instagram para asistir á súa vixésimo terceira edición, a cal se celebrará o sábado 3 de agosto a partir das 20:30h. O prazo para participar remata o vindeiro luns 15 de xullo e o gañador ou gañadora anunciarase ese mesmo día na súa conta de Instagram.

 

Interior dunha cova

 

A forma de participar é moi sinxela: seguir á súa páxina @covas_vilamartin2019, darlle a Gústame á publicación, nombrar nos comentarios a un amigo co que che gustaría ir e por último subir unha captura de pantalla da publicación á historia.

Así, esta XXIII edición trae consigo moitas novidades. A máis importante é que este ano as entradas venderanse de forma anticipada e ademais a venda será online a través da plataforma Ataquilla.com. Por outra banda, o aforo estará limitado a 4000 persoas e unha vez que se chegue a ese número, o recinto será pechado.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button