ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Festa das Pandillas do Barco reúne a unhas 400 persoas á beira do Sil

A sesión vermú, celebrada na mañá do 15 de setembro, estivo amenizada polo grupo de versións Los Íñigos

 

Cada ano vai a máis. A xuntanza de pandillas que se celebra dende hai máis dunha década no marco das Festas do Cristo, reunía nesta ocasión nin máis nin menos que a 20 peñas (unhas 400 persoas) que desfrutaron dunha animada sesión vermú a cargo do grupo de versións Los Íñigos.

Entre as pandillas, estaban as tradicionais como a das Casas Baratas, a Peña Saldoira, Muro do Malecón ou os Amigos de los Iris e outras de máis recente creación, moitas formadas especialmente para a ocasión: Amigos do Botelo, PX, VH 0+, Estrelas da Praza, Vagalume, Xeración dos 80, Os do río, Los 70 (e pico), Parras, Martaguisela 1975, Coirach@s, Amigos Estrela Galicia, Amigos Rúa Estación, Os Cotofellos, Pan y Rosas e Fans dos Íñigos (con moitos cativos que animaron ao grupo bailando e cantando a pleno pulmón).

 

Los Íñigos amenizaron a sesión vermú.

 

Todas bailaron, conversaron e mesmo cantaron e, unha vez rematado o concerto, os membros das pandillas (identificados con pulseiras) compartiron un aperitivo, servido un ano máis por Mantesil, á beira do río.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button