CulturaCulturaÚltima hora

A Festa do Boi 2014, do 14 ao 22 de xuño en Allariz

A celebración medieval potencia o seu carácter histórico coa recreación do Trato do Boi
Imaxe da pasada edición desta festa alaricana.
Imaxe da pasada edición desta festa alaricana.

A Festa do Boi, celebración con orixe en 1317 celebrarase este ano entre o 14 e o 22 de xuño. Para a ocasión, a Asociación Cultural Xan de Arzúa recupera un novo feito histórico relacionado coa festa: o Trato do Boi, que consiste na recreación teatralizada do trato que se realizaba para dispor de animais para as carreiras.

A edición deste ano da festa revivirá asemade a Entrega do sedeño aos veciños por parte do fiscal, xesto co que se autoriza o comezo dos festexos que se estenderán ao longo de toda unha semana.

Ao redor das actividades de carácter histórico que centran a celebración polas rúas de Allariz, a festa do 2014 mantén o esquema tradicional con música, citas gastronómicas, actividades específicas para os nenos e por suposto as carreiras do boi: 18 para adultos e 3 para os rapaces.

Nas carreiras atoparemos outra das novidades do programa deste ano, posto que por primeira vez nos últimos 31 anos os bois que protagonizarán a festa medieval serán do propio concello, criados nos montes de Penamá, tal como explicaban os membros da Asociación Xan de Arzúa e o alcalde de Allariz na presentación oficial celebrada na mañá do 10 de abril.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button