ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Festa do Botelo do Barco, nos restaurantes

Ata nove establecementos de hostalaría ofrecen nos seus menús este emblemático embutido nesta fin de semana

Aqueles que non conseguiran unha entrada para sentarse á mesa da XIX Festa do Botelo do Barco neste 19 de xaneiro no pavillón polideportivo poden tamén desfrutar deste suculento prato en ata nove restaurantes da vila.

Así nesta fin de semana incluirán este embutido nos seus menús: Tapería Al Natural, Restaurante Tomás, Pulpería El Dorado, Restaurante Fernando III, Chanfainas, Casa Galaica, Piquiño, Casa Lameiro e Cociña do Lar.

Nesta galería de imaxes, comensais que están a degustar o botelo nalgún destes establecementos de hostalaría.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button