ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Festa do Codillo da Rúa bate un novo récord de asistencia

Máis de mil persoas asistían á cita gastronómica "de cine" amenizada pola charanha Louband

 

Seguindo a traxectoria crecente dos últimos anos, a Festa do Codillo da Rúa chegaba á XIII edición batendo un novo récord de asistencia. Segundo as entradas vendidas, (ás 800 iniciais aumentaban 260 debido á gran demanda), un total de 1.060 persoas asistían no mediodía do 25 de xaneiro á cita gastronómica na que ademais do codillo, tivo como protagonista ao cine.

Xa no Centro Cultural Avenida se celebrara o acto previo rendindo homenaxe ao cine e a Alvaro Rodríguez “Purre”, e despois no pavillón Victorino Núñez, onde tiña lugar o xantar, o sétimo arte estivo novamente presente. Non só na música ambiente, con bandas sonoras cada vez que os camareiros saían para servir a comida, senón nas propias mesas, personalizadas con carteis de grandes clásicos como Casablanca, Rocky Balboa, Dirty Dancing, El Padrino, Nacida para ser libre, Star Wars e outras máis recentes como Titanic ou as animadas El Rey León e Frozen.

 

A charanga Louband tocando antes de comezar o xantar.

 

Este “codillo de cine” contaba coma semrpe coa asistencia dunha representación de Almendralejo encabezada polo primeiro tenente de alcalde, Juan Arias, contando ademais coa presenza de varios alcaldes da comarca e veciños da Rúa e da bisbarra que no quixeron perder a ocasión de degustar o menú, elaborado e servido un ano máis por Mantesil, a base de codillo de porco, patacas, grelos e chourizos cocidos. Para beber, viño de Valdeorras e auga, e de postre bica, ademáis de café e licores.

O xantar estivo amenizado pola charanga Louband así como por Danzalia, e un ano máis foi o C.D. Rúa o encargado de rexentar o bar, expoñendo as diferentes camisetas do club que vén de celebrar o 50 aniversario. Tamén sortearon dúas sudadeiras, un xamón e un lote de viño.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button