CulturaCulturaÚltima hora

A Festa do Codillo da Rúa homenaxea este ano a Álvaro Rodríguez “Purre” e ao Centro Cultural Avenida

O acto terá lugar no mediodía deste sábado, 25 de xaneiro, antes do xantar popular que reunirá a centos de persoas no pavillón

Álvaro Rodríguez co primeiro premio do I Concurso de Fotografía da Ruta do Viño. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A fotografía e o cine son os dous grandes protagonistas da XIII Festa do Codillo que se celebrará este sábado 25 de xaneiro. A primeira da man de Álvaro Rodríguez “Purre” fotógrafo rues que leva a imaxe da súa vila captada a través do obxectivo da súa cámara, alá por onde vai, e que recibirá un recoñecemento por parte do Concello no acto previo ao xantar, que se celebrará en torno ás 12h. no Centro Cultural Avenida.

O cine será o outro protagonista do día cunha pequena homenaxe ao Avenida que xa superou os 250.000 espectadores dende a súa reapertura en marzo de 1998. “Ao longo deste tempo, de forma intermitente, proxectáronse máis de mil filmes”, lembra o concelleiro de Cultura José Vicente Solarat, destacando Un paseo por la nubes con Keanu Reeves, Aitana Sánchez Gijón e Anthony Queen, o día da inauguración e Siete años en el Tíbet, a primeira cobrando entrada. E precisamente esa primeira película proxectada no cine trala reahabilitación por parte do Concello da Rúa será lembrada este sábado coa proxección do trailer a partir das 12:15h. “aberto ao público que nos quiera acompañar”, di Solarat.

 

Aitana Sánchez Gijón e Keanu Reeves en “Un paseo por las nubes”.

 

Este será sen dúbida un ” Codillo de Cine” xa que  tralo acto no CCA, as mesas preparadas para a ocasión no pavillón Victorino Núñez, no Aguillón, estarán personalizadas con títulos de filmes, lembrando clásicos como Memorias de ÁfricaRockyRegreso al futuroLo que el viento se llevó,…

Artigos relacionados

Back to top button