EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Festa do Codillo da Rúa supera as expectativas

Máis de 900 persoas asistían á XII edición celebrada o 26 de xaneiro

Superando as previsións (inicialmente poñíanse á venda 700 entradas), eran 930 as persoas que no mediodía do 26 de xaneiro asistían ao xantar da XII edición da Festa do Codillo celebrado no pavillón de deportes da Rúa.

Sen presa e con certo retraso sobre a hora prevista, despois das homenaxes ao C.D. Rúa e a Vicente Solarat Maceda, os comensais ían ocupando os seu sitio, a maioría reservado dende hai un par de semanas, para degustar un exquisito menú elaborado e servido un ano máis por Mantesil, no que se degustaron 1.300 codillos de porco, 500 quilos de patacas, 700 quilos de grelos e 1.500 chourizos. Para beber, viño e auga, e de postre bica, ademáis de café e licores.

Entre os asistentes, ademais dos homenaxeados (boa parte do equipo de fútbol, das primeiras xeracións e tamén da actual, e a familia de Vicente Solarat) coma sempre houbo unha representación do Concello de Almendralejo (Extremadura) encabezada polo alcalde José García Lobato que recibía un agasallo por parte dun dos grupos asistente (unha camiseta e un bastón de mando cun porquiño na empuñadura). Tamén veu xente de Valladolid, entre eles o ex xogador de baloncesto Wayne Brabender (fillo adoptivo da Rúa xunto ao xornalista extremeño Juan Francisco Sánchez); representantes políticos, entre eles a deputada socialista Noela Blanco; alcaldes da comarca; e tamén representantes do Concello lucense de Lourenzá.

O xantar remataba coa actuación do trío Expresión no propio pavillón e unha sesión de cantos de taberna polos bares da localidade.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button