En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Festa do Cordeiro de Larouco congrega a unhas 400 persoas

Celebrábase no pavillón polideportivo desta localidade no mediodía do 18 de maio

Trece edicións vén de cumprir neste 18 de maio a Festa do Cordeiro de Larouco. Congregaba arredor da mesa a unhas 400 persoas no pavillón polideportivo desta localidade valdeorresa. O xantar comezaba a servirse a partir das dúas da tarde cun menú idéntico ao de anteriores anos e que se iniciaba cunha boa ración de entremeses e empanada, para continuar co prato forte do xantar, o cordeiro asado no forno, acompañado dunha ensalada. Desta volta no xantar servíanse máis de 220 quilos deste tipo de carne.

Como sobremesa había bica, e para beber, viño da comarca, café e licores, sen esquecer o pan. Nesta edición era novamente a empresa Mantesil quen se encargaba de organizar este evento promovido dende o Concello. O xantar remataba con música e baile, animado por Danzalia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button