CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A festa do Correlingua chega a Verín

 

O Auditorio de Verín acollerá o 22 de novembro a celebración do Correlingua na cidade do Támega, unha festa que, como en anos anteriores, une humor e lingua tendo en conta as particulares condicións desde a aparición da pandemia. A festa terá como protagonistas a Os John Deeres, finalistas do Cantalingua deste ano. A banda será presentada por Fran Rei.

 

 

Ademais do saúda da concelleira de Educación e Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, no auditorio estará presente alumnado e profesorado dos CEIP Princesa de España e do Amaro Refojo, que sumarán arredor de 200 rapaces e rapazas polo sistema de aula burbulla para garantir as medidas sanitarias. Neste segundo ano de Correlingua baixo a pandemia, os concertos poden ser seguidos en streaming desde o You Tube de Correlingua.

Artigos relacionados

Back to top button